Jack Skellington By XanEste post dedícoo a XanMegaman, este rapaz é a pera. Dende hai case 10 anos coñecémonos: Outubro do 1995. Nesa época comezamos a Enxeñería Técnica en Informática de Xestión na Universidade da Coruña. Pasamos todo o ano indo e vindo montados nun bus de Castromil e case o 100% do noso tempo xuntos, eu seguín estudiando, el deixouno e optou por outra carreira. Dende aquela mantemos a amizade e non pasa o ano en que aparece por casa uns días despois do meu aniversario acompañado dun agasallo… pero este ano pasouse un pelín.

Un elemento altamente decorativo para a miña estantería favorita, xa ten o seu lugar a carón dunhas miniaturas da ciclópea momia e Oogie Boogie de A Nightmare Before Christmas.

Moitas gracias rapaz e feliz aniversario, hoxe día 13 cumpres 28 pero non te puiden enviar unha mensaxe de felicitación ó móbil ás 8:00 AM porque alguén con moi malas pulgas deixoute descolgado. Tentaremos quedar un día de estes para tomarnos unhas garimbas e falar outro rato!